Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mañá preséntase a VI Eurocidade 10 que se celebrará o 11 de xuño
Data: 18-05-2017- 14:08 h.
671 veces
NOVA

Mañá venres, 19 de maio, ás 12.00 horas españolas, na Alfándega de Valença, ao carón da vella ponte internacional, terá lugar a presentación da proba deportiva VI Eurocidade 10, organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença, que se disputará o próximo 11 de xuño.

Na mesma estarán presentes o alcalde accidental e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro,  os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, así como o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, acompañado doutros membros da xunta directiva do clube.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625