Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Feira cabalar, concerto da Banda de Música Popular de Tui e da Banda da Escola Naval Militar de Marín, procesión de San Telmo, e verbena con Compostela para o despedir as festas
Data: 22-04-2017- 21:31 h.
2361 veces
NOVA

O luns día grande das festas de San Telmo,  festivo local en Tui, o programa ábrese coa Feira Cabalar no barrio de San Bartolomeu a partir das 8h, ds 10h haberá concurso morfolóxico de cabalos españois, árabes e cruzados, e a partir das 12h de cabalos de pura raza galega puntuable, este último para a Copa Galicia PRG 2017. A clausura da feira será ás 13h co espectáculo ecuestre a cargo do Lucía Valladares. 


Pola tarde ás 18.00 h na Praza de San Fernando ofrecerá un concerto a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. E ás 19.30h actuará no Paseo da Corredoira a Banda de Música Popular de Tui.  Previamente ás 19 h entrará no Paseo da Corredoira a Banda de Guerra e Guión da BRILAT e que a continuación, na Praza de San Telmo realizara a homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.


Ás 21h sairá a solemne procesión de San Telmo dende a Catedral para facer un percorrido polo casco urbano e regresar ao templo catedralicio, é un dos actos procesionais máis numerosos de cantos se celebran en Tui e na comarca, tanto polo número de imaxes  chegadas de todas as parroquias tudenses, coma polo número de persoas que participan na mesma.


A última verbena correrá a cargo da orquestra Compostela, e ás 23.30h realizarase a tirada de fogos de artificio, pechando así as festas de San Telmo 2017.

.

Luns 24

·     -  Dende as 8.00 h en San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo, todo o día con actividades.

·         10.00h na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión das reliquias pola Coronilla, presidida polo bispo da Diocese e cantada a misa pola Coral San Telmo de Tui

·         18.00 h na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.

·         19.00 h no Paseo da Corredoira entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.

·         19.00-21.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.

·         19.30-20.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui. *En caso de choiva cancelarase.

·         21.00 h Solemne procesión de San Telmo.

·         23:30 h Tirada de fogos de artificio.

·         00.00-01.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625