Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O III Encontro de Bandas de Gaitas e Pelepau en concerto centran a proposta musical no sábado de festas
Data: 21-04-2017- 15:08 h.
1106 veces
NOVA

Deporte, música, teatro, coches antigos... son algunhas das actividades previstas no sábado das festas de San Telmo.

Mañá sábado, 22 de abril, o programa festivo ábrese  coa Andaina de San Telmo, que forma parte do circuíto de Andainas das Eurocidade, que sairá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira. Consta dun un percorrido de 10 quilómetros de dificultade doada. A inscrición ten un prezo de 5€ para adultos, e 3€ para os menores de 12 anos. Os interesados téñense que anotar en www.andatui.es.

A partir das 12h no campo de fútbol Álvarez Durán celebrarase a Copa San Telmo de Fútbol Veterano entre o Tyde F.C. e o S.C. Valenciano.

A charanga tudense Cantos Somos será a encargada de amenizar musicalmente as rúas de Tui onde actuará de 12 a 14h e dende ás 21h.  O paseo da Corredoira acollerá dende ás 17h unha concentración e exposición de coches antigos na que participarán medio centenar de vehículos de toda a comarca.

A partir das 19h polas rúas de Tui desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.

Mentres ás 20.15h remata a IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo da man do grupo de teatro Mesturanzas de Areas coa estrea da obra “A herdanza de Dona Urraca” escrita pola directora do grupo Mónica Villar. As entradas poranse á venda ás 19.45h ao prezo de 1,5€.

A música será a gran protagonista no remate da xornada coa celebración a partir das 21.30h na Praza de San Fernando do III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui coa participación da Banda de Gaitas Sons de la Cossetania de Tarragona, Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya e Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, sendo esta última a organizadora do evento.  Ás 22.30h o grupo Pelepau, formado por 12 percusionistas, achegarán a súa proposta de música tradicional ás festas. Mentres a verbena mañá sábado correrá a cargo da orquestra Abanico.

 

Sábado 22

·         10.00 h dende o palco da música no Paseo da Corredoira saída da Andaina Festas San Telmo. Prezo: 3€ e 5€.

·         12.00 h no Campo de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, Copa San Telmo Eurocidade.

·         12.00-14.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.

·         17.00 h no Paseo da Corredoira, concentración e exposición de coches antigos.

·         17.00-21.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos .

·         19.00 h polas rúas de Tui desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.

·         20.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Mesturanzas de Areas  estrea “A herdanza de Dona Urraca” – 80’. Entrada 1,5€.

·         21.30 h na Praza de San Fernando III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui.*en caso de choiva celebrarase na igrexa de San Domingos. Coa participación da Banda de Gaitas Sons de la Cossetania de Tarragona, Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya e Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

·         21.00-22.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.

·         22.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Pelepau.

·         00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625