Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Este venres curso de iniciación á Marcha Nórdica en Tui
Data: 20-04-2017- 10:11 h.
627 veces
NOVA

Este venres 21, entre as 17.00 e as 20.00 horas, no pavillón deportivo municipal de Tui, realizarase un curso de iniciación ao Nordic Walking ou Marcha Nórdica. Esta nova modalidade deportiva no noso concello está recollida dentro da Federación Galega de Montañismo, e consiste en camiñar con bastóns, cunha técnica específica.

O licenciado en educación física, Ignacio García, vogal de Nordic Walking da propia federación, será o encargado da realización deste curso de iniciación, que tras o periodo de formación inicial, realizará un percorrido polo paseo fluvial ata a vella ponte internacional.

O custe do curso é de 20€, sendo necesaria  a inscrición a través do enderezo electrónico ngentrena@gmail.com ou no teléfono 658.275.413

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625