Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Actividades infantís, cinema e teatro no xoves das festas de San Telmo
Data: 19-04-2017- 14:42 h.
452 veces
NOVA

As festas de San Telmo proseguen con diversas actividades mañá xoves. Os cativos poderán disfrutar novamente, de 11.30h a 13.30h, de actividades infantís baixo o título “Científicos tolos” con En Un Tris Tras, nas que dende o luns teñen participado máis de 300 cativos na Área Panorámica. Mentres a partir das 16h na Sala Félix Rodríguez proxectarase a película “Trolls”. Ambas actividades teñen carácter gratuíto até completar o aforamento.

Por último ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui prosegue a IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo na que máis de 700 espectadores asistiron ás actuacións de luns e martes. Mañá será a quenda do grupo de teatro San Fins de Rebordáns que estreará a obra “O Indiano”. As entradas poranse á venda ás 20.45h ao prezo de 1,5€.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625