Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concurso de Debuxo de San Telmo, concerto da Coral do Centro Sociocomunitario e a estrea de “Gran Circo Randulfini” mañá mércores na programación das festas
Data: 18-04-2017- 18:45 h.
1129 veces
NOVA

Actividades infantís, canto coral e teatro centran a proposta para mañá mércores, 19 de abril, nas festas de San Telmo.

Os cativos terán a primeira cita de 11.30h a 13.30h na Área Panorámica coas actividades de animación a cargo de En Un Tris Tras. Mañá celebrarase o tradicional concurso de debuxo de San Telmo e un obradoiro de chapas baixo o título de “Chapa, pintura e listos para a aventura”.

ÁS 16h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica proxectarase a película de animación infantil “Angry Birds”. Ás 17h a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará na Residencia Paz e Ben.

Por último ás 21.15h, no Teatro Municipal de Tui, o grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe estreará a obra “Gran Circo Randulfini” na que buscarán a interacción co público. As entradas, ao prezo de 1,5€, poranse á venda ás 20.45h. É a terceira representación da IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo.

Mércores 19

·        11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís “Chapa, pintura e listos para a aventura!” con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.

·        16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “Angry Birds” – 97’. *Entrada libre ata completar aforamento.

·        17.00 h na Residencia Paz e Ben actuación da Coral Centro Social de Tui.

·        21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estrea “Gran Circo Randulfini” – 75’. Entrada 1,5 €.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625