Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O pregón da profesora Dolores Balseiro abre as Festas de San Telmo 2017
Data: 12-04-2017- 17:01 h.
1853 veces
NOVA

No mesmo acto entregarse a medalla de honra da cidade a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe


O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 15 de abril, ás 19.30h o acto oficial de comezo das festas de San Telmo coa lectura do pregón a cargo de Dolores Balseiro Pose, profesora de Literatura durante tres décadas no IES San Paio de Tui, membro da Asociación Amigos da Catedral e parte activa da vida social e cultural tudense.

No mesmo acto farase entrega da medalla de honra da cidade na súa calidade de ouro ao exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, recoñecendo o seu papel fundamental na creación do Xacobeo e na revitalización do Camiño Portugués, así coma as achegas que os distintos departamentos que dirixiu na Xunta de Galicia realizaron en Tui con investimentos destacados coma a restauración do órgano da Catedral ou da Área Panorámica.

A intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, María José González, serán outros dos momentos deste solemne acto, no de que forma simbólica se entregará a bandeira de Tui a un representante das asociacións culturais e outro dos clubs deportivos do municipio. A parte musical do evento correrá a cargo do grupo Contradicción.

Unha vez rematado este evento, ás 20.30h, na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a mostra “Fotografía antiga de Tui San Telmo 2017” que este ano constitúe unha homenaxe e recoñecemento aos empresarios e industriais tudenses a través das imaxes de distintos comercios, empresas, establecementos que houbo en Tui. Precisamente estas fotografías son recollidas no libro das festas de San Telmo deste 2017 xunto a artigos de estudosos e xornalistas sobre o Camiño Portugués a Santiago, que poñen de relevo e reivindican a súa importancia. O libro poderá recollerse na propia exposición o sábado, ou a partir do luns 17 na casa do concello a cambio dun quilo de alimentos que será doado posteriormente a SOS Tomiño Baixo Miño.

O programa de festas do sábado, 15 de abril, continuará ás 21h co desfile de xigantes e cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro dende a praza da Inmaculada ata a Área Panorámica, onde se procederá ao acendido do alumeado das festas. Pechará a programación o concerto que o grupo Mago de Oz ofrecerá a partir das 22h na rúa Compostela con entrada de balde.

Amais no eido deportivo dende primeira hora disputarase nos pavillóns do IES San Paio e Novo de Tui o II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala.

Sábado 15

  • II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala no pavillón San Paio e Pavillón novo de Tui. *días de torneo: xoves, 13 de abril, venres, 14 de abril e sábado, 15 de abril.
  • 19.30 h no Teatro Municipal lectura do Pregón das Festas a cargo de Dª. Dolores Balseiro Posse. Entrega da Medalla de Honra, categoría de Ouro a D. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Entrega da bandeira de Tui ás asociacións culturais e clubs deportivos. Actuación de Contradición.  *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 20.30 h na Sala de Exposicións Municipal inauguración da mostra “Fotografía antiga de Tui San Telmo 2017”.
  • 21.00 h dende a Área Panorámica ata a Praza da Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro
  • 21.30 h acendido do alumeado das Festas de San Telmo.
  • 22.00-00.00 h na rúa Compostela concerto de Mägo de Oz.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625