Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Este xoves ás 20h pleno ordinario da corporación municipal de Tui correspondente ao mes de febreiro
Data: 21-02-2017- 10:26 h.
758 veces
NOVA

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 23 de febreiro, ás 20h pleno de carácter ordinario coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, de  borrador de acta de sesión anterior ordinaria nº 1/2017, de 26/01/2017.

2º.- Ditame da comisión informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deportes de instar á Xunta de Galicia á recuperación do antigo hospital do Rebullón e implantación de servizos sociosanitarios públicos.

3º.- Ditame da comisión informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deportes de instar ao goberno de España a axilizar o proceso de traslado de persoas refuxiadas.

4º.- Ditame da comisión informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deportes para promover o coñecemento da obra e do compromiso coa lingua, coas mulleres e co país de Rosalía de Castro.

5º.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de aprobación inicial de Ordenanza Municipal de Protección contra a Contaminación Acústica no Concello de Tui.

6º.- Ditame da comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de manifestar ante a Xunta de Galicia, Deputación, Ministerio de Fomento e as empresas RENFE e ADIF a protesta do Concello de Tui polo peche de servizos ferroviarios na Estación de Guillarei.

7º.- Control ós órganos de goberno:

7.1. Disposicións de interese.

7.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

7.3. Mocións.

7.4. Rogos e preguntas.


  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625