Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

“Sirenita”, premio Feten ao Mellor Espectáculo de Monicreques, este sábado no Teatro Municipal de Tui
Data: 16-02-2017- 18:34 h.
634 veces
NOVA

La Canica Teatro achega unha nova visión do popular conto escrito no século XIX, agora sen dramatismo e con moito humor

 

Xoves, 16 de febreiro de 2017.  Este sábado, 18 de febreiro, ás 19:00 horas, o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de “Sirenita” da man de La Canica de Madrid, destinada a público familiar e infantil. Dúas actrices escenificarán con botelliñas de auga, esponxas e outros obxectos unha suxerinte adaptación do popular conto de Hans Christian Andersen. Trátase dunha versión en castelán a cargo da compañía madrileña La Canica onde a sireniña non terá que renunciar a súa natureza nin a súa voz, para deixarse levar pola marea do amor.

Marisol Rozo e Esther Blanca serán as encargadas de dar vida aos monicreques que representan á sireniña Martina, que non está disposta a deixalo todo polo amor, e a Martín, un mozo de Lugo ao que non lle atrae o olor a peixe. Todo nunha adaptación de Pablo Vergne do popular conto que deixa atrás o dramatismo do relato orixinal escrito no século XIX cara unha faciana máis humorística.

A obra, en castelán e apta para todos os públicos, ten unha duración de 50 minutos e foi galardoada co Premio Feten 2016 ao Mellor Espectáculo de Monicreques.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17:30h no despacho de billetes aos prezos de 3,5€ e 2,5€.

La Canica con “Sirenita”

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: sábado, 18 de febreiro, ás 19h

Duración: 50 minutos

Público: maiores de 4 anos

Entradas:

-                     Á venda até o sábado ás 12h en www.culturatui.info

-                     No despacho de billetes o sábado dende ás 17.30h

 

Prezo: 3,5€ e 2,5€

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625