Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello de Tui repara a rede de saneamento nas instalacións deportivas Álvarez Durán
Data: 14-01-2017- 17:18 h.
1006 veces
NOVA

Operarios municipais traballan estes días na reparación da rede de saneamento nas instalacións deportivas Álvarez Durán para eliminar o problema de filtracións que se tiña producido e que tiñan afectado á unha traída veciñal. Segundo explica o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, tras a denuncia presentada por uns veciños que detectaron problemas de contaminación na súa traída dende o Concello buscaron a posible orixe do problema. Logo de revisar a rede de saneamento das instalacións municipais, que conta con moitos anos de antigüidade, detectaron que parte da mesma estaba taponada, atopando unha das tubaxes selada con poliureano e no interior doutra unha botella de cristal, coa que os vertidos se acumulaban e ao ser a tubaxe de cemento filtrábanse os restos cara a terra e dende aí posiblemente chegaban ata o manancial afectado. Para solucionar o problema operarios municipais constrúen unha nova arqueta e nos próximos días unha empresa especializada levará a cabo a impermeabilización da tubaxe de cemento para evitar que se volva rexistrar filtracións no futuro. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625