Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

“Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais” mañá xoves nos Faladoiros de Educación
Data: 14-12-2016- 09:08 h.
729 veces
NOVA

Celebrarase ás 18h na Sala Félix Rodríguez a cargo de Manuel Martínez do Servizo Especializado da Garda Civil sobre delitos telemáticos.

 

Proseguen os Faladoiros de Educación organizados polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.  

A cita será este xoves, 15 de decembro, ás 18h Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título “Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais” a cargo de Manuel Martínez, do Servizo Especializado da Garda Civil sobre delitos telemáticos.

Os Faladoiros de Educación continuarán o 12 de xaneiro celebrarase o obradoiro “Autocontrol  a través da relaxación”, o 2 de febreiro “Educando en positivo” e o último o 2 de marzo “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.

Todas charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625