Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A tudense Rosa Mª Vila expón a súa obra na Sala Municipal ata finais de mes
Data: 15-11-2016- 14:27 h.
2488 veces
NOVA

A tudense Rosa María Vila Iglesias presenta ata o 30 de novembro a súa obra pictórica na Sala de Exposición Municipal na Área Panorámica.  A mostra recolle 37 obras en formato pequeno nas que amais dos cadros en plumilla, que a caracterizan, emprega tamén outras técnicas coma óleo e acuarela, mesturándoas entre sí.  No seu traballo Tui é un dos grandes protagonistas plasmando panorámicas da cidade ou de Randufe, a Catedral, a igrexa de Santa Mariña de Areas ou a de San Bartolomé, así distintos recunchos da cidade, presenta tamén unha serie de portas pero tamén a natureza é obxectivo do seu pincel, xunto a outros lugares coma o Coliseo Romano ou a Catedral de Santiago. Rosa María Vila Iglesias, de formación autodidacta, ten realizado dende o ano 1998 numerosas exposicións tanto en Tui coma na Guarda, Vigo, Baiona, Valença ou Melgaço.

A mostra pode visitarse de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 10 a 13h. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625