Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Tyde F.C. participa na fin de semana no Torneo Internacional de Fútbol 7 en Versmold
Data: 26-05-2016- 16:54 h.
2377 veces
NOVA

Este mediodía os doce rapaces do Tyde F.C. e máis os membros do equipo técnico, foron recibidos nos salón de sesións da Casa do Concello co motivo da súa participación esta fin de semana no Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold , en Alemaña.

O Concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, Laureano Alonso, desexou boa sorte aos rapaces a vez que quixo “agradecer especialmente o traballo aos adestradores, que non sempre están o suficientemente recoñecidos”.  O presidente do equipo, Elías Vieiro, salientou a importancia deste torneo para os rapaces que vivirán una “experiencia inesquecible”.

O equipo saiu a primeira hora desta tarde de Tui con destino a Porto onde tomarán un avión que os deixará en Düsseldorf. Alí os esperará un autobús no que se desprazarán até a localidade de Versmold, irmandada con Tui.

O Torneo xogarase durante todo o día do sábado e máis na mañá do domingo. Ao mediodía será a entrega de premios e, tras ela, os rapaces terán unhas horas para coñecer a cidade.  Esta é a terceira vez que o Tyde F.C. participa neste torneo.  Doce xogadores, tres monitores, o director deportivo, o presidente e algúns dos pais e nais tamén viaxarán con eles a Alemaña.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625