Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Permanece aberta a inscrición para o Gran Xogo das Letras Galegas
Data: 11-05-2016- 09:31 h.
649 veces
NOVA

Celebrarase o martes, 17 de maio, ás 16h no Paseo da Corredoira

Permanece aberta a inscrición para a actividade o ‘’Gran xogo sobre o Día das Letras Galegas’’ que se vai celebrar o próximo martes, 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.

Esta cita cambia de hora e lugar con respecto ao inicialmente prevista. Será de 16 a 17.30h no Paseo da Corredoira. Será realizada por Eduvía e na mesma os nenos, dende os 6 anos, deberán superar probas relacionadas co Día das Letras Galegas para acadar o premio final. Establécese un máximo de 25 participantes.

Os interesados pódense na Biblioteca Municipal de Tui, en horario de luns a venres 9.30h a 13.30h e de 16 a 20.30h, no correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou no teléfono no 617 49 81 03.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625