Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Gran acollida á presenza da Eurocidade na Feira Ibérica de Turismo en Guarda, Portugal
Data: 06-05-2016- 21:41 h.
912 veces
NOVA

A Eurocidade Tui-Valença promociónase ata este domingo na Feira Ibérica de Turismo en Guarda , sendo a de Tui a única presenza galega neste evento. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, asistiu onte ao acto inaugural da feira a cargo de primeiro ministro Portugués, Antonio Costa, a quen puido saudar e dar a coñecer os atractivos tanto de Tui coma de Valença . A presenza da Eurocidade está a espertar gran interese entre os visitantes da feira que coñecen grazas a este posto e ao material promocional o patrimonio cultural e natural dos dous municipios así coma a súa oferta hostaleira e de restauración.

Deste xeito a Eurocidade aposta pola súa promoción non só nas grandes feiras de turismo coma FITUR en Madrid ou a BTL de Lisboa, senón tamén noutros eventos coma a Feira Ibérica de Guarda onde hai un trato moito máis cercano tanto cos touroperadores coma cos visitantes. Nesa liña están a estudar a posibilidade de acudir no mes de novembro a feira de turismo que se celebra en Castela-León.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625