Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Máis de 400 participantes no Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade que se celebra esta fin de semana
Data: 16-03-2016- 16:58 h.
419 veces
NOVA


Ata un total de 30 equipos de Portugal e Galicia participarán nesta fin de semana no pavillón deportivo municipal de Valença

 

O calendario deportivo da Eurocidade continua este fin de semana coa celebración do XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade. Celebrarase este sábado 19, domingo 20 e luns 21 de marzo, organizado polo Basket Club Valença, en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui. No mesmo van participar trinta equipos de trece clubs deportivos de Galicia e Portugal. Trátase non so nun torneo deportivo senón dun evento de confraternización e amizade entre os participantes.

Os clubs que se achegarán ata a Eurocidade son: S.L. Benfica, E.D.Viana, C.F.S. Barco, P.F.Ourense, Olivais F.C., U.A.A. Aroso, N.C.R. Valongo, A. Académica Coimbra, Maia B.C., S.C. Beira Mar, Guifoes S.C., e o Club Baloncesto Tui e o Basket Club Valença que exercerán de anfitrións.

Os participantes competirán no pavillón deportivo municipal de Valença, pero realizaran outras actividades relacionadas co lecer, e pernoctarán nas instalacións anexas dos colexios de Valença.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625