Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Máis de 1.400 persoas desfilarán no Entroido de Tui o próximo luns, festivo local na cidade
Data: 05-02-2016- 16:34 h.
1641 veces
NOVA

Duplícase a participación con respecto a 2015. Sairá ás 17.30h das rúas novas.

Máis de 1.400 persoas participarán o próximo luns, 8 de febreiro, festivo local na cidade, no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.  Esta cita festiva duplica a súa participación respecto ás últimas edicións de tal xeito que este ano desfilarán 18 comparsas, o máximo establecido nas bases.  Os participantes chegarán de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, Vigo, O Porriño e Mos presentando as máis diversas propostas de Entroido inspirados en temas de actualidade coma a praga do picudo vermello, ou apostas por deseños animados, tribos,  ou motivo mariños.

O desfile-concurso comezará o luns, ás 17.30h, no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 13 ás 17.30h.

Son varias a novidades que presenta o Entroido en Tui este ano, unha delas é o cambio na data de celebración que este ano será o luns, festivo local na cidade. Por outra parte non todos os membros do xurado que outorgarán os premios irán identificados, e valorarán a actuación das comparsas ao longo de todo percorrido polas rúas novas.

Repartiranse preto de 12 mil euros entre premios e compensacións por participar. Hai sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense catro premios de 250€, 150€, 100 e 50€ e un en Fantasía dotado con 250€.

Ao finalizar o desfile e mentres o xurado delibera actuará a orquestra Terranova.

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido o luns dende ás 14h non se poderá estacionar e estarán pechadas ao tráfico as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.

Enterro do Bacallau

A despedida do Entroido en Tui será o próximo domingo, 14 de febreiro, coa celebración do Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando. Coma novidade este ano a lectura do testamento do Bacallau correrá a cargo das actrices Areta Bolado e Noelia Castro de “A Panadaría”.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625