Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Os Reis Magos recibirán aos nenos mañá nunha carpa no Paseo da Corredoira
Data: 04-01-2016- 14:51 h.
1645 veces
NOVA

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, recibirán mañá aos nenos e nenas que desexen saudalos nunha carpa que se instalará no Paseo da Corredoira diante do Seminario Menor.  Deste xeito garántese a recepción real  independentemente do tempo. As adversas condicións previstas manteñen aínda no aire a celebración da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que ten a súa saída prevista ás 17h dende Valença, e a chegada ás 19h á Corredoira a Tui. Mañá ao mediodía decidirase a saída ou non da comitiva real en función das previsións do tempo. De todos os xeitos Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no Paseo da Corredoira para saudar aos pequenos.

Visita ás residencias Paz e Ben e San Telmo

Xa pola mañá os Reis Magos visitarán aos maiores que viven na residencia Paz e Ben e na residencia San Telmo acompañados pola Rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625