Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Este sábado, 19 de decembro, celebrarase o I Torneo De Xadrez Eurocidade
Data: 16-12-2015- 12:37 h.
615 veces
NOVA

O calendario deportivo da Eurocidade do ano 2015 pechará coa realización do primeiro Torneo de Xadrez da Eurocidade, organizado polos clubes de xadrez de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e Xadrez Galego. Nesta competición enfrontaranse 100 participantes de Portugal e Galicia nas distintas categorías.

Este torneo comezará ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença, onde se xogarán as tres rondas matinais. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaranse catro rondas finais. O acto de clausura  está previsto a partir das 20.00 horas españolas.

O torneo contará coa participación de Henrique Aguiar, tricampeón de Portugal, Mariana e Inés Silva, campioas de Portugal, Rubén Fernández, subcampión de España e bicampión de Galicia, e Avelino Leirós excampión de Galicia Absoluto (1984/85) e Veterán (2014), xogador do Uni.Vigo, equipo tricampión de Galicia (2012/13/15) que milita na 1ª Div.Nacional.

A maiores da celebración do torneo, realizaranse outras actividades de promoción do xadrez, con partidas rápidas entre as persoas que desexen participar e para os cativos haberá un  xadrez xigante.

En relación á promoción do deporte do xadrez, mañá xoves 17, ás 11.00 horas, na sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, un grupo de 60 alumnos e alumnas do IES San Paio de Tui, recibirán unha clase formativa de xadrez, impartida polo profesor Emilio Pazo, responsable do Club Xadrez Tui. Tras as festas do Nadal esta acción repetirase cos alumnos/as da escola de Valença, coa intención de promocionar este deporte entre os escolares valencianos.

I Torneo De Xadrez Eurocidade

Sábado, 19 de decembro

-       Ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença xogaranse tres rondas matinais.

-       Ás 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaranse catro rondas finais.

-       Ás 20h Acto de clausura  

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625