Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O musical 15 Primaveras, de Mamá Cabra, estrearase este sábado no Teatro Municipal
Data: 04-11-2015- 18:22 h.
748 veces
NOVA

 

Mércores, 4 de novembro de 2015. Esta fin de semana, hai dobre cita no Teatro Municipal de Tui. Deste xeito, este venres representarase a comedia teatral Perplexo e ó día seguinte, ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra, de Santiago de Compostela.

Mamá Cabra é un dos grupos musicais pioneiros na creación de espectáculos para a infancia.  Este ano celebran o seu 15 aniversario, unha longa viaxe que deixa 12 discos e centos de cancións para saltar, bailar e reflexionar.

Para celebralo, Mamá Cabra preséntase renovada e cargada de enerxía, e está preparándose para un ano cheo de sorpresas. 15 Primaveras trátase da súa particular homenaxe ó seu percorrido. Despois de ler o poema do "Timoteo" do libro "Rimas con letras", Gloria emocionada e ilusionada toma una decisión,  encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde,  de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se converterá en Mamá, a Mamá Cabra.

Gloria acompañada de moitos artistas apaixonados medran ó carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ó longo destes anos quedaron nas nosas memorias. Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de "Concerto-Teatro"  no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

As entradas pódense mercar a 4€ e 3€ dende as 17:30h ata as 19:00h no despacho de billetes o mesmo día da representación, ou dende a semana antes na páxina web http://www.culturatui.info/.  Unha vez iniciada a función non se permitirá o acceso ó Teatro.

A Axenda Corredoira pode consultarse ó completo premendo neste enlace http://es.calameo.com/books/002234736e2bcd

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625