Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello de Tui condenado a anular a contratación temporal dun peón para o cemiterio municipal e a pagarlle ó outro aspirante o salario correspondente ós nove meses de contrato
Data: 29-09-2015- 11:17 h.
1272 veces
NOVA

A condena derívase da reclamación presentada por un dos aspirantes a este posto, que no seu día foi desestimada polo anterior goberno do Concello de Tui

Martes, 29 de setembro de 2015. A sentenza nº 3 do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra condena ó Concello de Tui a anular a contratación temporal dun peón para o cemiterio municipal e a pagarlle a outro aspirante o salario correspondente ós nove meses de duración do seu contrato.

Deste xeito, o Xulgado estimou o recurso para a anulación da resolución do Concello que invalida a contratación de Salvador G. R. e obriga a recoñecer a Alfonso F.F como o aspirante coa mellor cualificación. Como xa transcorreu o prazo para o que estaba prevista a contratación, o Concello deberá abonarlle a Alfonso F.F. o importe dos salarios que debería ter cobrado durante o tempo que debería ter sido contratado, ademais da condena a asumir as costas o Concello de Tui. O Concello de Tui estima que o importe do pago supera os dez mil euros.

Segundo recolle a sentenza, Afonso F.F. presentouse ás probas de selección para contratar a un peón para o cemiterio municipal, convocadas polo Concello de Tui en marzo de 2014, esas probas, segundo aparecían nas bases, constaban de dúas fases a primeira de concurso, para a que estaba prevista unha puntuación máxima de dous puntos,  e a segunda de oposición cunha puntuación máxima de oito puntos. As bases establecían que a "cualificación final" sería a puntuación obtida polos aspirantes nos distintos exercicios das fases do concurso-oposición.

O aspirante ó que o Concello lle outorgou maior puntuación foi Salvador G.R. cun 6,69 puntos, que foi contratado con data de once de xuño e o demandante Alfonso F.F. conseguiu 6,56 puntos.

Con data 24 de xuño, Alfonso F.F. solicitou que se lle mostrara o expedientado proceso selectivo, xa que advertía un erro na corrección dunha das probas no exame da persoa contratada. Dito erro do tribunal cualificador daba por boas dúas respostas que non o eran, e que polo tanto, a nota final era mais baixa do que o tribunal lle outorgara.

Tras o exame do expediente, Alfonso F.F. presentou unha reclamación diante do Concello, reclamación que foi desetimada pola secretaria do tribunal, xustificando a súa decisión nunha resolución nestes termos: "Debido á deficiente caligrafía o señor Salvador G.R., o tribunal entendeu a resposta como correcta". Malia ó recoñecemento do erro, o tribunal non variou a puntuación final.

Alfonso F.F. solicitou, xa que logo, ó Xulgado do Contencioso número 3 de Pontevedra a anulación da resolución pola que se desestimou o seu recurso, que se lle recoñecese o seu dereito a ser contratado para a praza de peón do cemiterio, e o pago dos salarios que deixou de percibir ó non ser contratado e os danos e prexuízos derivados da actuación do Concello de Tui.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625