Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Campamento de Verán de Tui 2015 remata hoxe, e no cal participaron ó redor de 400 nenos e nenas
Data: 14-08-2015- 13:05 h.
690 veces
NOVA

Venres, 14 de agosto de 2015. Hoxe venres remata a terceira das quendas do Campamento de Verán de Tui 2015, que dende o 1 de xullo leva desenvolvéndose nas instalacións deportivas municipais tudenses, así como nas rúas da nosa cidade, no Monte Aloia e no río Miño en Tui.

Ó redor de catrocentos nenos e nenas de tres a doce anos, participaron ó longo deste mes e medio nas diferentes actividades organizadas polo Concello de Tui, a través de empresa Actividades Lúdicas Galicia. Xogos deportivos, saídas medioambientais, actividades no río Miño e na piscina municipal, xogos de coñecemento e de lecer, ocuparon a maior parte das cinco horas de duración diaria do campamento.

O Concello de Tui leva a cabo estes Campamentos de Verán co fin de ofrecer unha alternativa lúdica - deportiva - educativa ós nenos/as do concello. Amais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa ós pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625