Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Éxito de participación no I Campus do C.D. Caldelas
Data: 03-07-2015- 17:08 h.
859 veces
NOVA

Denis Suárez e Rubén Estévez sorprenderon aos participantes coas súas visitas

Venres, 3 de xullo de 2015. O Club Deportivo Caldelas organizou a semana pasada, o seu primeiro campus de fútbol, no que máis de cen nenos e nenas, de 3 a 12 anos, participaron no campo municipal de fútbol de Caldelas, nas actividades organizadas polos adestradores e monitores do club.

A actividade foi todo un éxito de participación, dado que tres semanas antes de empezar o campus, a organización pechou a inscricións ó estar as prazas esgotadas.

Os participantes tiveron dúas sorpresas, xa que o xoves estiveron acompañados polo xogador galego do Sevilla F.C., Denis Suárez, e o venres polo ex-xogador de primeira división Rubén Estévez, que compartiron momentos de charla e clases de regate e tiro cos nenos e nenas.

Con esta iniciativa, que se repetirá o próximo ano coa segunda edición do campus do C.D.Caldelas, o club desexa recrutar nenos e nenas nacidos dende o 2002 ata o 2011, para formar novas categorías de cara á próxima tempada.

O Concello de Tui felicita aos directivos do Club Deportivo Caldelas por esta iniciativa, que foi un éxito de participación, que asegurará a ampliación das categorías do club, seguindo co fomento do deporte base no noso concello.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625