Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Hoxe ás 20h inaugúrase a exposición “Bandas de Pontevedra” na Sala Municipal na Área Panorámica
Data: 07-05-2015- 14:09 h.
600 veces
NOVA

Hoxe ás 20h será inaugurada a exposición “Bandas de Pontevedra” na Sala Municipal da Área Panorámica.  Trátase dunha mostra itinerante organizada pola Deputación de Pontevedra coma homenaxe ás bandas da provincia.

Á inauguración desta tarde asistirán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o comisario da Mostra, Xaime Estévez e o director da Banda Popular de Tui e do Conservatorio de Tui, Adolfo Besada, acompañado por alumnos do Conservatorio. Tras a inauguración Xaime Estévez, comisario da mostra, fará unha visita guiada á exposición.

 

Trátase dunha mostra dinámica e en cada concello que visita adquire unha tónica diferente, ao darlle protagonismo á banda propia de cada lugar. Esta iniciativa busca achegar a toda á poboación a realidade das agrupacións musicais que na provincia cobran unha singular importancia, xa que Pontevedra é a segunda provincia de España con maior número de bandas.

A exposición conta con innumerables fotografías, informacións e gravacións que foron aportadas polas propias bandas, pero tamén con estudos e datos facilitados por expertos e investigadores, coma Luis Costa, Javier Jurado, Paz Antón, Nuria Barros, Alejo Amoedo ou Enrique Lorenzo, ademais da Federación Galega de Bandas.

A mostra permanecerá aberta ao público en na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica de Tui dende hoxe ata o venres 29 de maio, en horario de luns a venres, de 9h a 14h e de 16.30h a 20.30h. Os sábados estará aberta de 10h a 13h.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625