Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Aberta a convocatoria para participar na XIX Feira de Artesanía en Tui
Data: 20-02-2015- 15:09 h.
870 veces
NOVA

 

Venres, 20 de febreiro de 2015. O Concello de Tui ven de abrir a convocatoria para participar na XIX Feira de Artesanía que se vai celebrar na cidade o sábado 2 e o domingo 3 de maio.

 

Este evento ten coma obxectivo de dinamizar e apoiar a produción artesanal a través da venda directa e fomento da relación man a man co público demandante de produtos artesáns, así coma dinamizar o Conxunto Histórico, o Centro Comercial Aberto e a cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.

 

O departamento de Cultura convoca 30 postos de venda directa para participar nesta feira que se desenvolverá na rúa Ordóñez, Praza do Concello e Praza de San Fernando. Os artesáns interesados deberán  remitir ao departamento de Cultura a solicitude de participación dispoñible para a súa descarga na web http://www.concellotui.org/, copia da Carta de Artesán ou equivalente, fotocopia do D.N.I. e varias fotografías do material a expoñer. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o venres 20 de marzo. O Concello de Tui comunicará aos artesáns seleccionados a súa participación antes do venres 10 de abril.

 

Os interesados poden ampliar esta información e consultar as bases da convocatoria no departamento de Cultura do Concello de Tui ou na web http://www.concellotui.org/. (http://ow.ly/JntJV)

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625