Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Clausurado o curso de Cociña Internacional impartido ao abeiro do programa Actívate
Data: 17-01-2015- 22:08 h.
675 veces
NOVA

 

Mércores, 14 de xaneiro de 2014. Este mediodía tivo lugar no Centro Formación do Concello de Tui en Guillarei a clausura do curso de Cociña Internacional impartido dende o pasado mes de decembro ao abeiro do programa Actívate da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui.

 

Hoxe os 18 participantes recibiron os diplomas acreditativos da formación realizada ao longo de dez sesións da man do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a deputada provincial, Marta Iglesias, e os concelleiros Olga Montes e José Ángel Villaverde.

 

Durante este acto de clausura convidouse aos alumnos participantes no curso a continuar formándose para poder acceder así ao mercado laboral.  Precisamente cara o Concello de Tui solicitará á Deputación de Pontevedra dous novos cursos do programa Actívate para este ano 2015.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625