Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Eurocidade Tui-Valença estivo presente no programa “Somos Portugal” da TVE
Data: 05-01-2015- 19:17 h.
688 veces
NOVA

 

Luns, 5 de xaneiro de 2015. A Eurocidade Tui-Valença segue espertando o interese dos distintos medios de comunicación. Onte mesmo a Eurocidade estivo presente no programa "Somos Portugal" da TVI realizado integramente en Valença ao longo de varias horas. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, participou neste espazo xunto ao seu homólogo de Valença, Jorge Salgueiro. Os dous volveron dar conta dos avances realizados no seo da Eurocidade Tui-Valença, explicando os atractivos que os dous municipios presentan de forma conxunta. Tivo especial atención a Cabalgata Internacional de Reis que hoxe unirá as dúas cidades de dous países, nun evento único.  O programa conta con gran seguimento en todo Portugal e foi reemitido o pasado luns.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625