Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Tui despide o 2014 co tradicional Concerto de Fin de Ano
Data: 26-12-2014- 08:15 h.
805 veces
NOVA

 

Martes, 23 de decembro de 2014. Este venres, 26 de decembro, ás 21h terá lugar no Teatro Municipal de Tui a última cita da programación cultural de 2014 será o tradicional Concerto de Fin de Ano.

 

Dende hai máis dunha década a Coral da S.I. Catedral baixo a dirección de D. Agustín Sobral e a Banda de Música Popular de Tui baixo a batuta de Adolfo Besada, serán as responsables desta despedida musical.

 

O Concerto comezará coa actuación da Coral da S.I. Catedral, acompañada ao órgano por D. Ángel Viro Caamaño, que interpretará un programa formado por pezas populares xunto a composicións de Pachebel, Franz Gruber ou Posse, pechando a actuación con "Tui, mira si te querré". A continuación de xeito conxunto a Coral e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán o "Himmo a San Telmo".

 

Xa na segunda parte do concerto a Banda de Música Popular de Tui interpretará un programa dedicado integramente a composicións da familia Strauss, no que coma cada ano non faltará de seguro algunha sorpresa.

 

As entradas para este concerto están xa á venda en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h ou poderán mercarse no despacho de billetes da Área Panorámica dende ás 19.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

 

Concerto de Fin de Ano

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 26 de decembro, ás 21h

Recomendada: público familiar

Duración: 150 minutos

Venda de entradas: en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625