Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

200 alumnos de 2º da ESO asisten mañá á primeira proxección deste curso do programa “O Cine nas Aulas”
Data: 21-10-2014- 13:59 h.
716 veces
NOVA

Martes, 21 de outubro de 2014.  200 alumnos e alumnas de 2º da ESO e 12 profesores e profesoras dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Maristas Sta María e Seminario Menor San Paio  asistirán mañá mércores, ás 11h no Teatro Municipal da Área Panorámica á proxección da película "O Club dos poetas mortos" dentro do programa "O cine nas Aulas" promovido polo Servizo de Prevención das Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui.

 

Esta é a primeira proxección do programa que se leva a cabo durante o curso escolar 2014- 2015 englobado dentro do contexto da educación para a saúde e que pretende ser un instrumento complementario nesta área dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde,  pois o cine divirte pero tamén axuda a pensar e  aprender.

 

Amais de asistir á proxección alumnado e profesorado recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas, que foron elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais  do Concello de Tui.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625