Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A andaina Santa Trega, un novo percorrido das Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença
Data: 21-10-2014- 08:27 h.
719 veces
NOVA

 

Luns, 20 de outubro de 2014. Este domingo 26, dentro do programa de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença, realizarase a andaina "Santa Trega" no Concello da Guarda. Será un percorrido polo Monte Santa Trega que sairá ás 10 hora española dende o aparcadoiro do IES A Sangriña da Guarda.

 

O autobús sairá dende o Centro Interfederado de Tui ás 09.15 horas, sendo necesaria realizar a reserva da praza a través da páxina do facebook "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables", na empresa VerdeAzul o na Ecopista en Valença cos Celtas do Minho, cun custe de 2€ por persoa.

 

A andaina terá un percorrido aproximado de dez quilómetros, sendo o grado de dificultade moderado e a duración aproximada de tres horas.

 

Lembrar aos participantes que na noite do sábado ao domingo cambiará a hora, de xeito que ás 03.00 horas da mañá pasarán a ser ás 02.00 horas.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625