Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Eurocidade amosa as súas potencialidades ante o secretario de Estado do Turismo de Portugal
Data: 10-07-2014- 09:48 h.
585 veces
NOVA

Xoves, 10 de xullo de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, estivo presente no día de onte na visita que realizou á rexión do Alto Minho Portugués o Secretário de Estado do Turismo de Portugal, Adolfo Mesquita Nunes.

O alcalde de Tui, que foi convidado polo presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, dentro da estreita que colaboración que manteñen os rexedores no seu da Eurocidade.  O turismo é precisamente un dos eixos destacados nos que está a traballar a Eurocidade coa promoción conxunta das dúas cidades.  Precisamente na xornada matinal de onte houbo una reunión de traballo á que asistiron representantes de dez cámaras municipais portuguesas onde se puxo de relevo a importancia da promoción turísticas, fixando este coma un  dos obxectivos prioritario no marco 2014-2020.

O acto desenvolveuse na Pousada de San Teotonio serviu tamén para presentar o proxecto "Eurocidade Tui-Valença" no que as dúas cidades van da man con iniciativas coma a creación dunha guía da Eurocidade, ou a promoción conxunta nas feiras de turismo de Madrid e Lisboa.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, expuxo neste evento como as potencialidades que Tui e Valença teñen cada unha delas por separado gañan aínda maior relevancia ao polas en valor de xeito conxunto xa que a oferta da Eurocidade se complementa e potencia tanto no que é patrimonio artístico ou cultura, oferta de actividades deportivas ou de lecer, ou mesmo a gastronomía. Precisamente salientou coma o turismo deportivo, coas actividades deportivas da Eurocidade, gañan cada vez máis importancia cos participantes que tomar parte das distintas probas nas que este ano se agarda superar os 5 mil deportistas.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625