Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Presentación da 4ª Competición da Liga Galega de Promoción Slalom
Data: 25-06-2014- 19:04 h.
673 veces
NOVA

 

Mércores, 25 de xuño. Mañá xoves, 26 de xuño, ás 11.00 horas, na sala de reunións de Tui, terá lugar a presentación da "4ª Competición da Liga Galega de Promoción Slalom", organizada pola Federación Galega de Piragüismo, os clubs Darque Kayak Clube e Club Tea, en colaboración co Concello de Tui. Esta proba celebrarase este domingo, 29 de xuño, dende as 11.00 horas, ao carón do porto deportivo do Club Náutico San Telmo.

 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, o vicepresidente da Federación Portuguesa de Canoagem, Carlos Sousa, o presidente do Darque Kayak Clube, Américo Castro e o responsable do Club Tea, Iván Souto.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625