Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O alcalde de Tui asistiu á sinatura do Protoco de Cooperación en materia sanitaria transfronteiriza
Data: 20-06-2014- 08:27 h.
683 veces
NOVA

 

Xoves, 19 de xuño de 2014. ­O alcalde de TUI, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á sinatura do Protocolo de Cooperación en materia sanitaria transfronteiriza que se asinou esta mañá na sede da AECT en Vigo.

 

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o presidente do Consello Directivo da Adminstração Regional de Saúde do Norte de Portugal, Luis Antonio Castanheira foron os responsables de referendar este protocolo que pretende eliminar fronteiras na atención sanitaria entre Galicia e o Portugal, amais de mellorar a eficiencia e calidade na asistencia sanitaria nas zonas de fronteira. Tamén estiveron presentes o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o o presidente da CCDR-N, Emidio Gomes.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explica que a Eurocidade foi convidada a participar neste acto como parte do territorio que se beneficiará da posta en marcha deste protocolo que redundará de xeito positivo na poboación das dúas beiras do Miño. Este, apuntaba, será un paso máis na cooperación transfronteriza, enmarcado neste caso no eido sanitario e que se plasmará nun Plan Estratéxico de Cooperación Transfronteiriza. Neste Plan farase unha diagnose das necesidades en materia sanitaria das dúas rexións, definiranse os eixos de cooperación e identificaranse os recursos financeiros e humanos para concretalos. Insistiu o rexedor tudense na importancia que ten continuar pola senda da cooperación transfronteiriza cada vez en máis ámbitos, un camiño que é tamén o que vén marcado dende Europa.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625