Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Tui celebrará cada segundo e último sábado de mes o Mercado da Verdura
Data: 22-04-2014- 08:17 h.
1054 veces
NOVA

  A cita será no cárcere vello de 10 a 14h

Martes, 22 de abril de 2014. O cárcere vello na rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui, acollerá cada segundo e último sábado de mes “O Mercado da Verdura” coa venda de produtos ecolóxicos da horta a cargo de produtores da zona integrados na Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA. A  iniciativa parte do Concello de Tui, o Foro Tude e APEGA, co obxectivo de dinamizar esta zona da cidade e ao tempo de establecer un punto de venda para estes produtos dúas veces ao mes.

O primeiro mercado celebrarase este sábado, 26 de abril, de 10 a 14h. Así o explicaron onte á mañá na presentación o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, o presidente do Foro Tude, Suso Vila, e a presidenta de APEGA, Sara Cifuentes. Tamén estiveron presentes os concelleiros Olga Montes e José Ángel Villaverde, e o produtor local Leonardo Paramos.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou coma nesta iniciativa se aglutinan esforzos nunha mesma dirección para promover o Conxunto Histórico da cidade e por outra parte para fomentar o consumo de produtos ecolóxicos. Destacou coma o mercado se celebrará nun lugar emblemático, como é o antigo cárcere. Nese senso sinalou que “pretendemos ter unha zona monumental sen coches pero viva”. Amosou tamén o seu convencemento na boa acollida que terá esta iniciativa por parte do público.

O concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, explicou coma tras os primeiros tentos de facer este mercado o ano pasado agora recupérase a iniciativa para “seguir promocionando o Conxunto Histórico sobre todo agora que imos peonalizar a zona”. Nese senso salientou a importancia de facer actividades paralelas coma este mercado, a Festa do Pracer, ou as que organiza a iniciativa privada coma un Festival de Jazz.  Amosou amais a súa esperanza en que este Mercado da Verdura perdure no tempo.

Suso Vila, presidente do Foro Tude, insistiu nos obxectivos da actividade: potenciar a actividade económica e dinamizar o Conxunto Histórico. Ao tempo, salientaba, se poderán visitar elementos da zona monumental tudense que de forma cotiá non son accesibles coma o cárcere vello. Salientou que precisamente o patio do cárcere era o solar que ocupaba a capela da entidade xesuítica das Fillas de María fundada en Tui en 1723.

Pola súa parte Sara Cifuentes, presidenta de APEGA, afirmou que este mercado será “unha oportunidade boísima para coñecer os produtos ecolóxicos da zona, os produtores locais e crear confianza cos clientes”.  Explicou coma dende este sábado no Mercado da Verdura poderanse atopar produtos da horta coma repolos, tirabeques, fabes, guisantes, acelgas, leituga,...pero tamén se poderán incorporar queixos, ou viños ecolóxicos. Cada sábado que se celebre organizarán actividades para dar a coñecer os produtos, as súas propiedades, cómo cociñalos ou degustacións dos mesmos.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625