Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O vindeiro domingo 30 celébrase a III Eurocidade BTT entre Tui e Valença
Data: 20-03-2014- 12:23 h.
991 veces
NOVA

Como novidade haberá tres percorridos con diferente grao de dificultade

Xoves, 20 de marzo de 2014. Onte tiña lugar a presentación da III Eurocidade BTT que se vai celebrar este domingo, 30 de marzo, no conxunto de Tui e Valença.

Os concelleiros de deportes de ámbalas cidades, Nicolás Lorenzo en Tui, e José Monte en Valença estiveron acompañados nesta presentación polo concelleiro tudense Jose Ángel Villaverde e o director técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas Eduardo Fernández.

A inscrición na proba ten un prezo de 5 euros e inclúe como novidade a existencia de 3 percorridos diferentes que cada ciclista poderá elixir no momento mesmo de inicio da marcha, en función da súa preparación.

O punto de partida será a Piscina Municipal de Valença ás 9:30 hora española, e os percorridos comezarán a ser libres a partir dos 10km, á altura da parroquia tudense de Areas. A partir deste tramo, que se dirixe ao Monte Aloia,  os participantes poderán elixir a ruta a seguir, a de 35km, a de 45 ou a maratón de 65km, esta última de dificultade alta  e para a cal os participantes deberán de pasar polo quilómetro número 43 antes das 12:30 horas españolas para poder realizalo.

Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes de Tui, agradeceu a colaboración de todos os implicados neste proxecto que, un ano máis, aposta pola participación de cidadáns dos dous lados da fronteira nun deporte con moitos seguidores tanto en Galicia coma en Portugal, e que na proba do ano pasado rexistrou un total de 500 participantes.

O marco no que a proba se realiza, en espazos do Monte do Faro e Aloia, marcan,  segundo o concelleiro de deportes tudense, a diferenza con este tipo de probas noutros lugares que non dispoñen das vistas privilexiadas que dende aquí se teñen do Baixo Miño e Val do Minho.

Eduardo Fernández, técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, facía fincapé no obxectivo de superar a cifra de participantes do ano pasado e , máis aínda, no desexo dunha maior participación por parte dos cidadáns portugueses, que nas edicións anteriores foron unha gran minoría en comparación coa participación galega.  Por este motivo fixéronse modificación co fin de atraer a participantes portugueses coma a introdución da ruta libre e a maratón qué é característica das probas BTT en Portugal. Destacaba o técnico a adaptabilidade de esta edición para todo tipo de persoas xa que cada ruta está dirixida a un perfil concreto sendo a dos 35km para os que se inician no mundo BTT, a de 45km máis doada que en anos anteriores e coa peculiaridade de discorrer por camiños descoñecidos para moita xente, e a maratón de 65km para asiduos da bicicleta.

O vereador de Deportes de Valença, José Monte, fixo tamén un chamamento á participación cidadá portuguesa e coma exemplo el mesmo participará na proba do vindeiro 30 de marzo.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo e avituallamento. A maiores a organización ofrece para xantar o tradicional porco ao espeto cun prezo de 6 euros por persoa a abonar no momento de facer a inscrición.

O prazo de solicitude de participación finaliza o vindeiro luns, 24 de marzo, e pode formalizarse na páxina web www.biciosos.es cubrindo o formulario e abonando a contía na conta bancaria que se indica antes da data citada.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625