Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Caramuxo Teatro presenta este venres no Teatro “Ñam!”
Data: 12-03-2014- 13:31 h.
857 veces
NOVA

Haberá dúas funcións ás 18.30h e ás 20h desta obra dirixida a nenos de 1 a 6 anos

Mércores, 12 de marzo de 2014. Os nenos entre 1 e 6 anos, e as súas familias, son os destinatarios do espectáculo “Ñam!” que este venres representan no Teatro Municipal de Tui a compañía Caramuxo Teatro. Haberá dúas funcións, a primeira ás 18.30h e a segunda ás 20h, nas que o aforo estará limitado a 100 persoas por función, xa que os espectadores sentarán no escenario e non no patio de butacas.  

Ñam! é un espectáculo moi visual e envolvente que mestura teatro e danza en clave de comedia. Esta proposta está creada a partir do mundo da cociña para espertar os cinco sentidos. A autoría, dirección e posta en escena da obra corre a cargo de Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Precisamente eles foron os creadores desta compañía de teatro infantil en 2003. O seu primeiro espectáculo foi “Glub, Glub” dirixido tamén a bebés, ao que seguiron outros coma “Mensaxes sen botella”, “Os Bolechas” ou “Zapatos”. 

O espectáculo está recomendado para nenos de 1 a 6 anos. Ten unha duración de 30 minutos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o venres, 14 de marzo, ás 13 ao prezo de 3,5€ e 2,5€. Tamén se poderán adquirir o venres dende ás 17h para a función das 18.30h e dende ás 18.30h para a función das 20h no despacho de billetes na Área Panorámica.

 


  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625