Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Inauguradas as novas pistas de Areas
Data: 28-01-2014- 14:41 h.
801 veces
NOVA

Supuxeron un investimento de 14 mil euros

Luns, 27 de xaneiro. O pasado sábado inauguráronse as novas instalacións deportivas municipais de tenis de Areas, que tras un investimento de 14 mil euros, xa contan con dúas pistas de dobres e unha pista de individuais, espazo para a colocación de tres pistas de mini tenis, valado perimetral, así como iluminación artificial. As actuacións rematarán en breve coa instalación de vestiarios con duchas.

Na inauguración estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Comunidade de Montes de Areas, Juan Carlos Boo, o pedáneo de Areas, Telmo Rodríguez, o vicepresidente do Club Tenis Tui, Pablo García, así como outros membros da directiva e deportistas do Club Tenis Tui.

Pola súa parte, Pablo García, agradeceu ao Concello de Tui a reconversión dunhas pistas polideportivas infrautilizadas nunhas pistas de tenis nas que xa adestran máis de oitenta deportistas. Tamén agradeceu á Comunidade de Montes de Areas, que dende o primeiro momento acolleron e axudaron ao club, deixándoos adestrar no pavillón deportivo de Areas. As ultimas palabras de agradecemento foron para o adestrador do club, Óscar Cuña, quen está facendo un traballo excelente, non só no deporte base, se non tamén cos máis veteranos.

Na súa intervención, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quixo agradecer o traballo realizado polo Club Tenis Tui, que nos poucos anos de existencia que leva, xa conta con máis de oitenta deportistas. Agradeceu tamén o apoio que a Comunidade de Montes de Areas esta dando ao club. E por último, animou aos deportistas do club á seguir adestrando e mellorando na súa modalidade deportiva.

Tras as intervencións e a fotografía con todos os presentes, os deportistas compartiron xogo cos responsables políticos e cos espectadores que se achegaron ás instalacións.

Para rematar este evento, o Club Tenis  Tui convidou aos asistentes a uns pinchos na casa cultural da Comunidade de Montes de Areas.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625