Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Visita guiada sobre a iconografía de nadal nos monumentos Tudenses
Data: 27-12-2013- 09:11 h.
545 veces
NOVA

O vindeiro sábado ás 17.00 h.

 

Xoves, 26 de decembro de 2013. Este sábado, 28 de decembro, o Concello de Tui organiza unha visita guiada sobre a iconografía de Nadal que albergan algúns dos principais monumentos históricos tudenses.

 

A percorrido comezará ás 17h na Praza de San Fernando para logo visitar a Catedral de Santa María e os seus retablos e outros monumentos de gran valor artístico e histórico da cidade coma a igrexa de San Telmo,  rematando a cita na igrexa de Santo Domingo.

 

Esta actividade estará a cargo do historiador tudense, José Ramón Fernández, e posibilitará un achegamento ao noso patrimonio dende unha perspectiva temática.

 

A actividade forma parte do programa de Nadal elaborado polo Concello de Tui e que se estende ata o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis que un ano máis partirá desde Valença.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625