Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Abre o prazo de información pública da ordenanza que regula o tráfico no conxunto histórico
Data: 20-12-2013- 11:16 h.
599 veces
NOVA

ABRÉSE O PRAZO DE INFORMACIÓN PÚBLICA  DA ORDENANZA QUE REGULA O TRÁFICO NO CONXUNTO HISTÓRICO DE TUI

O período abrangue trinta días contados dende hoxe

 

Venres, 20 de decembro de 2013. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte, xoves 19 de decembro, o Edicto da Alcaldía de Tui polo que se anuncia o período de información pública por un prazo de trinta días para que aquelas persoas interesadas poidan presentar as alegación que estimen oportunas á Ordenanza sobre a Regulación do Tráfico no Conxunto Histórico de Tui aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal na súa sesión do pasado 28 de novembro.

 

O Concello de Tui está promoven un importante traballo para a conservación do seu conxunto histórico, estando na actualidade en proceso de aprobación o Plan Especial do Conxunto Histórico e neste mesmo proceso se enmarca a vontade do Concello ao proceder á peonalización deste conxunto histórico co obxectivo de lograr a diminución do ruído, da contaminación ambiental, o reforzamento das posibilidades turísticos e comerciais, a habitabilidade, a sostenibilidade e a recuperación do peón como elemento esencial da identidade urbana.

 

Para lograr este obxectivos resulta imprescindible a peonalización deste conxunto histórico que pretende mellorar a calidade de vida dos veciños residentes neste ámbito urbano asi como favorecer o desenvolvemento comercial das áreas afectadas. Ao tempo se regula o tráfico e o estacionamento no resto do ámbito urbano do conxunto histórico de Tui para lograr unha maior racionalidade no uso dos vehículos e priorizar neste espazo aos peóns.

 

Nesta mesma liña nos vindeiros días se procederá á instalación das pilonas que regularan o acceso a este recinto monumental e que conforman con esta ordenanza a importante aposta que realiza o goberno municipal do Concello de Tui pola conservación, promoción e dinamización  do conxunto patrimonial tudense.

 

Dende o Concello de Tui se convida aos veciños a participar neste período de información pública presentando cantas alegacións estimen que poden enriquecer esta ordenanza. O texto íntegro da ordenanza está a disposición dos interesados na Secretaria do Concello de Tui e na páxina web: www.concellotui.org

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625