Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Club Atletismo Tui-Thermalia fai entrega de alimentos á Cámara de Valença pola II Eurocidade 10
Data: 05-12-2013- 13:27 h.
655 veces
NOVA

Xoves, 5 de decembro. Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, fixo entrega de alimentos por valor de ao redor de 350€ aos servizos sociais da Cámara de Valença, nun acto nel que estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, o vereador de deportes de Valença, José Monte, e os concelleiros do grupo de goberno José Ángel Villaverde e Olga Montes.


O club tudense, organizador das carreiras de dez quilómetros Eurocidade 10, xunto á Eurocidade Tui-Valença, comprometeuse a doar unha parte das inscricións desta proba deportiva a unha entidade benéfica. En concreto, neste ano aos servizos sociais da Cámara de Valença, dado que a saída e chegada foi neste municipio. Para a próxima edición, que realizarase o oito de xuño de 2014, esta doazón recaerá nunha asociación solidaria tudense.


A Eurocidade Tui-Valença expresa a súa gratitude ao Club Atletismo Tui-Thermalia por esta acción solidaria, tan necesaria nestes tempos de dificultade que estamos vivendo.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625