Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A aula CEMIT de Tui acolle una xornada sobre "Novos perfís profesionais na era dixital"
Data: 02-12-2013- 14:23 h.
635 veces
NOVA

O xoves 5 de decembro de 09,30 a 14,30 horas.

 

Luns, 2 de decembro de 2013. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital celebrará o vindeiro xoves 5 de decembro a Xornada  "NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL", enmarcada na súa liña de actuación de apoio na procura de emprego.  Esta Xornada poderá ser seguida na Aula Cemit de Tui a través de vídeo conferencia.

 

Os obxectivos da xornada son:

-          Mostrar aos asistentes como, grazas ao avance da Economía Dixital, existen moitos e moitas mozas que empezan a ocupar postos de traballo que as empresas demandan dende hai pouco tempo, así como achegar outros perfís de nova creación que atenderán a futuras necesidades do mercado.

-          Habilitar un foro onde mozos e mozas galegos, exemplos de emprendemento, poidan dar a coñecer como, grazas á súa paixón polo mundo das redes sociais, internet e as novas tecnoloxías, traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital.

 

Esta actividade, que terá lugar no Salón 103 da Cidade da Cultura, vai dirixida a Voluntari@s Dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, persoas desempregadas, orientadores laborais e calquera persoa interesada, entusiasta de Internet e o 2.0. Salienta no programa a conferencia de apertura a cargo dun dos principais especialistas nesta materia como é Juan Merodio. Nado en 1980, é un dos principais expertos en España en Marketing Dixital e Redes Sociais. Relator habitual en Congresos de recoñecido prestixio internacional así  como profesor das mellores Escolas de Negocio e Universidades. 

 

A asistencia á xornada é de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web de Voluntariado Dixital, cumprimentando o formulario de rexistro en Rexistro xornada "NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL

 

ESTRUTURA DA XORNADA

9:30     Conferencia Juan Merodio “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL”

11:00   Descanso

11:30   “MARKETING E COMUNICACIÓN DIXITAL”:

12:30   “PROGRAMACIÓN”

13:30   “DESEÑO VISUAL, ARTE E CREATIVIDADE”

14:30   Fin da sesión

  

O programa completo pode consultarse en Programa xornada "NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625