Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Maña conferencia sobre Alzheimer a cargo dun medico especialista na enfermidade
Data: 19-11-2013- 09:19 h.
648 veces
NOVA

Luns, 18 de novembro de 2012. A Deputación de Pontevedra, a través da Sección Inspección Médica do Servizo de Recursos Humanos, organiza en Tui, en colaboración coa Fundación Colexio Médico de Pontevedra, e o Concello de Tui, unha charla informativa sobre Alzheimer, destinadas á poboación en xeral e impartida por facultativos especialistas en neuroloxía.

 

O obxectivo desta charla é ofrecer información sobre os síntomas e as dificultades ás que teñen que enfrontarse os familiares dos enfermos de cara a acadar un tratamento precoz para a evolución da enfermidade. Na provincia de Pontevedra esta problemática afecta arredor de 15.000 persoas detectándose cada ano entre 700 e 800 novos casos. Se abordarán tamén as principais limitacións cognitivas e os trastornos conductais que provoca o Alzheimer.

 

 

Esta conferencia terá lugar mañá martes  19 de novembro na Sala Félix Rodríguez, no edificio Área Panorámica con entrada pola traseira do edificio (zona do aparcamento municipal) a partir das 19,30 horas.


CARTEL

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625