Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mañá martes comeza o ciclo "Cine nas aulas" coa proxección do Filme "Goonies"
Data: 11-11-2013- 12:53 h.
542 veces
NOVA

Luns, 11 de novembro de 2013. Mañá proxectarase a película “Goonies” no Teatro Municipal de Tui coma parte do programa “Ciclo de cines nas aulas” ao que acudirán un total de 255 alumnos dos colexios de Tui.

 

O programa é unha iniciativa do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, e se engloba dentro do contexto da educación para a saúde pretendendo ser un instrumento complementario nesta área  dentro do actual sistema educativo.

 

A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema. Mediante a proxección dunha película se irá afondando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde,  pois o cine é un modo de entretemento pero tamén nos axuda a pensar e  aprender.

 

A cita desta primeira actividade comezará ás 11 da mañá no Teatro Municipal e acollerá a alumnos dos CEIP nº1, nº2, Guillarei e Caldelas e do Colexio “Santa María”, que estarán acompañados por 12 mestres. Os rapaces recibirán no lugar o material didáctico co que logo traballarán nas aulas. O contido didáctico é elaborado  pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. Este ano é a primeira vez que os alumnos de Primaria achéganse para esta actividade ao Teatro Municipal pois ata agora noutras edicións este proxecto desenvolvíase en casa centro escolar.

 

A película, “Os Goonies”, trata sobre unha cuadrilla de mozos que pasan tristemente a súa última mañá xuntos, tratando de despedirse antes de que unha empresa de demolición destrúa todo o barrio. Nunha bufarda atopan un mapa dun pirata do século XVII e póñense en marcha para buscar un tesouro abondo valioso como para salvar as súas casas. Os Goonies empezan a seguir o mapa (e os seus sonos...) e penetran nun fabuloso mundo subterráneo cheo de cavernas,de esqueletos e trampas.

 

O Servizo de Prevención do Concello comezará  a impartir tamén obradoiros destinados alumnos de 1º da ESO do IES Indalecio Pérez Tizón  o día 18 de decembro  baixo o título “Mitos sobre o alcohol” .

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625