Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A aula UNED de Tui acollerá un curso dirixido a estudantes que desexen adquirir novas técnicas para poder afrontar postivamente os seus exames
Data: 30-10-2013- 14:26 h.
553 veces
NOVA

Mércores, 30 de outubro de 2013. A ansiedade ante os exames é unha reacción de tipo emocional de carácter negativo que se xera ante a expectativa creada pola inminencia ou presenza dun exame. Por iso, o obxectivo principal deste curso é dotar aos asistentes de ferramentas para o manexo da ansiedade ante os procesos de avaliación. Para iso e mediante unha metodoloxía teórico-práctica, a psicóloga Susana Redondo, ofrecerá aos alumnos as claves para poder implementar diferentes técnicas de estudo, relaxación e motivación que lles axuden a afrontar dun modo positivo os seus exames.  

 

O curso, dirixido a toda persoa interesada, desenvolverase presencialmente no Centro Asociado á UNED de Pontevedra  desde o próximo 5 de novembro e ata o 31 de marzo e terá un custo de 34 euros. As clases, que serán recibidas mediante sistema de videoconferencia na Aula UNED de Tui, impartiranse todos os martes de 18:30h a 21h. Á actividade cunha carga lectiva de 20 horas, será recoñecida con dous créditos de libre configuración ou un crédito ECTS. 

 

Todas aquelas persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula a través do sitio web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com), chamando por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ás instalacións da Aula Universitaria tudense (rúa Antero Rubín s/n, Antigo Convento de San Domingos, Tui). O horario de apertura da Aula é de 16h a 20h de luns a venres (excepto xoves). 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625