Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Tui acolle mañá o 2º Encontro de Palilleiras
Data: 21-10-2013- 19:17 h.
898 veces
NOVA

Asistirán 550 persoas chegadas de toda Galicia e doutros puntos de España


Venres, 17 de outubro de 2013. Mañá sábado, 19 de outubro, celébrase en Tui o 2º Encontro de Palilleiras Cidade de Tui organizado pola Asociación de Palilleiras do Baixo Miño coa colaboración do Concello de Tui. Terá lugar na antiga fábrica de boinas a carón do pavillón municipal a partir das dez da mañá e ata ás sete da tarde.


Ás doce do mediodía está prevista a inauguración oficial do Encontro a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e da concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, que xunto ás responsables da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, serán os encargados de facer a entrega de diplomas ás participantes. No acto actuará o grupo de gaitas Seixos Albos de Areas.


Neste 2º Encontro de Palilleiras Cidade de Tui daranse cita 550 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia e de España para compartir unha xornada de convivencia con outras afeccionadas aos bolillos. Ao longo do día se poderán comprobar as técnicas que se empregan en cada lugar ou o tipo de encaixe característico de cada zona. Amais este ano, por vez primeira, haberá premio para o mellor encaixe de bolillos tradicional e para o mellor encaixe de bolillos europeo, buscando así incentivar ás participantes a achegar o seu mellor traballo.


  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625