Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Presentación do Club Ribex en Tui
Data: 10-10-2013- 11:25 h.
772 veces
NOVA

O club de patinaxe inicia a súa actividade no Concello de Tui

 

Mércores, 9 de outubro de 2013. Mañá venres, 11 de outubro, ás 18.30 horas, no pavillón deportivo do IES San Paio, realizarase a presentación do Club Ribex de patinaxe, que a partir desta tempada 2013-2014 terá a súa sede de adestramentos en Tui e representará ao noso concello nas súas competicións oficiais.

 

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, acompañados por outros concelleiros de Tui, así como da xunta directiva do Club Ribex, e as patinadoras e patinadores das escolas deportivas do club, que realizarán tres actuacións ao largo do acto.

 

Dado que o Club Ribex continua a súa actividade no noso concello, lembrar que dende o ano pasado imparten as clases nas escolas deportivas da Deputación de Pontevedra no  noso concello, todas aquelas persoas interesadas na actividade do patinaxe poderán asistir á presentación, onde os adestradores e adestradoras do club poderán aclarar calquera dúbida que teñan.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625