Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Doce espectáculos integran a oferta do Teatro Municipal ata final de ano
Data: 01-10-2013- 13:49 h.
928 veces
NOVA

Haberá teatro, música e maxia tanto para público infantil como para público adulto

 

Martes, 1 de outubro de 2013. Doce espectáculos conforman a programación de outono-inverno no Teatro Municipal de Tui que comezará este venres, 4 de outubro, e rematará o 27 de decembro.  O teatro, a música e a maxia centran a proposta que vai dirixida tanto a nenos coma a adultos.

 

A compañía Malasombra será este venres a encargada de abrir esta programación pondo en escena a obra “Misión Sapiens (operación comedia)” dirixida a público adulto. O 24 de outubro será a Companhía Teatro de Braga quen represente no escenario do Teatro Municipal “Concerto à la carte” dentro do circuíto Troco x Troco, un circuíto que tamén achegará ata a Tui a Seiva Trupe con “Adivinhe quem vem para rezar” o 22 de novembro. E pechando as propostas de teatro para público adulto o 8 de novembro será a quenda de Talía Teatro con “O método Grönholm” e o 16 de novembro Carlos Blanco repasará dez anos de monólogos en “Carlos Blanco, ao vivo (de momento)”.

 

Para público infantil o primeiro espectáculo programado será o 11 de outubro con La Canica e a obra “El gallo de las veletas”. A quen sucederá Eme2 con “O príncipe e o parrulo” o 9 de novembro. E o 20 de decembro Elefante Elegante volve a Tui nesta ocasión con “Aurora”.

 

A música correrá a cargo de Os Cempés que presentarán en concerto o seu traballo “Tentemozo” o 18 de outubro. A Nena e o Grilo ofrecerán un concerto infantil o 15 de novembro, e o 27 de decembro celebrarase o Concerto de Fin de ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral da S.I. Catedral. 

 

Por último o espectáculo de maxia titulado “Don Gelati no teatro” será levado a escena por Dani García o 13 de decembro.

 

Toda a información sobre esta programación pódese consultar na Axenda Cultural Corredoira e na web www.culturatui.info. Nesta web están á venda ás entradas para os espectáculos dende unha semana antes da súa celebración.

 

O Concello de Tui, ao través da Concellería de Cultura, segue apostando por unha programación estable e de calidade, continuando coa liña de traballo que desenvolve dende hai anos, que conta cunha excelente resposta por parte do público. Así o confirman as cifras que sitúan a Tui nos primeiros postos de media de espectadores na Rede de Teatro e Auditorios de Galicia.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625