Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O alcalde de Tui asiste aos actos conmemorativos do 50 aniversario da patrulleira "Cabo Fradera"
Data: 14-09-2013- 09:30 h.
936 veces
NOVA

Venres, 13 de setembro de 2013. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, asistiu esta mañá aos actos conmemorativos do 50 aniversario da chegada á nosa cidade da patrulleira “Cabo Fradera” da Armada Española.

 

Neste acto castrense, presidido polo Comandante de la Unidades de la Fuerza de Acción Marítima de Ferrol, CN D. Alejandro Mac-Kinlay Ferreirós, participaron os destacamentos da Comandancia Naval do Miño e a dotación da patrulleira “Cabo Fradera” xunto a diversas autoridades civís e militares. Este acto consistiu na lectura das leis penais e de seguido tomaron a palabra o Comandante do “Cabo Fradera”, CC Miguel Torres Aboal, pechando o acto o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez.

 

O rexedor tudense lembrou na súa intervención as alongadas relacións existentes entre a cidade tudense a Armada Española, e como Tui ten acollido ao longo do tempo a numerosos mariños que formaron parte da dotación deste buque e que, en moitos casos, se teñen asentado na nosa cidade. Lembrou na súa intervención a figura de San Telmo, patrón dos navegantes, e do buque que levou o seu nome nos séculos XVIII e XIX, e como a presenza da Armada en Tui é apreciada por todos os cidadáns.

 

Este Patrulleiro de Vixilancia Interior "Cabo Fradera" leva este nome en lembranza do Cabo de Mar Esteban Fradera i Bohigas, heroe no Callao.

 

O patrulleiro “Cabo Fradera” chegou a Tui un 10 de setembro de 1963 e viña a dar continuidade á presencia da Armada no tramo fronteirizo do Río Miño. Este buque, o segundo mais antigo da Armada española logo do buque-escola “Juan Sebastián Elcano” e único patrulleiro fluvial, foi construído na Empresa Nacional Bazán na súa factoría de La Carraca (Cádiz) nos anos 1961-1962. Substituíu a un anterior navío do mesmo nome que permanecera en Tui dende 1928.

 

Para mais información sobre o patrulleiro: http://www.armada.mde.es/ArmadaPortal/page/Portal/ArmadaEspannola/buques_superficie/prefLang_es/08_patrulleros--08_patrulleros-vigilancia-interior

 

                    

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625