Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello acomete a obra de reparación da rede saneamento no paseo da corredoira
Data: 13-09-2013- 11:15 h.
917 veces
NOVA

Supoñen un investimento de 16.650,34€

 

Vernres, 13 de setembro de 2013. Nestas xornadas teñen comezado as obras de reparación da rede de saneamento nun treito do Paseo da Corredoira da nosa cidade, en concreto entre as escaleiras de acceso á rúa Ordoñez o final do Paseo (zona sita fronte aos soportais). Estas obras supoñen un investimento de 16.650,34 euros por parte do Concello que soluciona así unha importante deficiencia existente na rede de saneamento neste lugar e que provocaba molestias aos veciños e comerciantes deste lugar céntrico.

 

A presente actuación comprende as seguintes obras:

-          Levantamento do firme existente na calzada, formado por lousas de granito (por medios manuais).

-          Instalación de saneamento.

-          Reposición da pavimentación existente, unicamente reemprazando as lousas deterioradas por pezas novas de iguais características.

-          Obras complementarias.

 

Con esta nova actuación o goberno municipal tudense continúa amosando o seu compromiso por lograr, moitas veces con obras modestas pero de grande transcendencia para os veciños, unha mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns. Agradece a comprensión de todos polas molestias ocasionadas durante a realización das obras.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625