Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O equipo educativo da nova escola de infantil de Tui comenza o seu traballo
Data: 03-09-2013- 13:24 h.
879 veces
NOVA

Martes, 3 de setembro de 2013. Co inicio do mes de setembro tivo lugar a incorporación do equipo educativo da Escola Infantil da Rede “A Galiña Azul” de Tui que comezará a súa actividades na segunda quincena deste mes cos correspondentes procesos de adaptación dos seus alumnos. Neste primeiros días este equipo responsable porase en contacto cos pais e nais dos novos alumnos para informarlle do proceso de incorporación dos nenos/as á Escola Infantil. As persoas interesadas en calquera consulta ou información sobre esta Escola Infantil tudense poden dirixirse ao teléfono 986.607149.

 

Esta Escola Infantil conta seis unidades (2 aulas para nenos de 0-1 anos, 2 aulas para nenos de 1-2 anos e outras dúas para os nenos de 2-3 anos de idade) así como un aula de usos múltiples, e unha zona de servizos que abrangue cociña, vestiarios, sala de profesores, despacho de dirección e espazos para as instalacións. En total esta Escola Infantil tudense contará con 514,60 m2 de superficie construída xunto a 107,75 m2 de espazos exteriores. O investimento realizado nesta Escola Infantil chegou aos 730.000 euros

 

En total son 82 prazas públicas de gardería nun concello que, na actualidade, só conta con servizos similares de carácter privado e dará servizo a unha poboación importante dun municipio eminentemente xoven, no que o 35% dos veciños teñen menos de 30 anos.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625